Artígos de "marzo, 2010"

Viaxe á Euskal Encounter 18

mar 31, 2010   //   por christianoliveira   //   Blog  //  2 Comentarios

Hola a todos!

Como xa vos comentamos a algúns, dende a Asociación de Internautas de Cambados (AINCA) estamos planeando organizar unha viaxe para asistir á party Euskal Encounter, en Barakaldo (http://www.euskalencounter.org/es/index.php , 4096 plazas).

Euskal Encounter

Sabemos que algúns de vós estabades interesados, así que ós que vos interese, enviádenos un correo a organizacion@salnesparty.es para ver como nos podemos organizar.

De momento, estamos preguntando canto costa un minibus para 15 persoas, e sae sobre 140€/persona a viaxe (en total sae o minibus por uns 2000€ aprox.)

O precio da entrada da Euskal son 42 €, e pódese reservar o sitio para grupos con antelación, así que témonos que dar presa.

Damos de prazo unha semana para que os que esteades interesados nos avisades, e dependendo de cantos sexamos miramos o transporte máis adecuado e en canto nos sae o prezo.

Publicamos a noticia en todos os medios sociais que temos (blog, tuenti, facebook, foro,…), así que se tedes dúbidas preguntade dónde prefirades.

Animádevos! Un saúdo

Estreamos foro na web de Salnesparty!

mar 22, 2010   //   por christianoliveira   //   Blog, Salnesparty 2010  //  3 Comentarios

Moi boas!

Comunicámosvos que acabamos de engadir un foro á web de salnesparty! Podedes acceder a él nas url foro.salnesparty.es ou salnesparty.es/forum.

Foro Salnesparty

Animádevos a participar e a comentar todo o que queirades: suxerencias, críticas, preguntas, etc.

Un saúdo!

Estreamos web: salnesparty.es

mar 19, 2010   //   por christianoliveira   //   Blog, Salnesparty 2010  //  Non hai comentarios

Salnesparty 2010

Xa podedes acceder á nosa web na dirección salnesparty.es, na que podedes consultar información relativa á edición de este ano.

Aínda non está completa ó cen por cen; nos vindeiros días poderedes acceder tamén ó foro e ó rexistro de usuarios, onde vos teredes que preinscribir se queredes asistir á party.

Admítense todo tipo de suxestións e críticas :).

Ah! Se queredes estar ó tanto das novidades que vaian saíndo, botádelle un ollo a lista de redes sociais nas que estamos e agregádenos/seguídenos;)

Hola Mundo!

mar 13, 2010   //   por christianoliveira   //   Blog  //  Non hai comentarios

Hola a todos!

Damos por inagurado o blog oficial de Salnesparty 2010, esperamos que vos guste :).

Manterémosvos informados, sede bos!