Xa te podes rexistrar e preinscribir para Salnesparty 2010!
Hola a todos!
A partires de hoxe, 18 de Maio, xa vos podedes apuntar para a edición 2010 de Salnesparty.
Só tendes que rexistrarvos como usuarios en http://salnesparty.es/user/, e, unha vez rexistrados, preinscribirvos dende o menú de usuario (http://salnesparty.es/user/account_status.php)
Lembrade poñer os vosos datos reais (sobre todo NIF, nome e apelidos) porque serán necesarios para entrar na party!
A información de pago recibirédela no correo os 75 primeiros preinscritos nunhas semanas, e o prezo da entrada será:
- Con comida: 30€
- Sen comida: 10€
Se tendes algunha dúbida, ou algún problema no proceso de rexistro, non dudedes en contactar connosco a través do medio que vos sexa máis cómodo (http://www.salnesparty.es/about/)
Un saúdo dende Cambados, e animádevos a vir!




