Hora de apertura Salnesparty 2010
Mañán é a gran cita: Salnesparty 2010!
Abrimos as portas ás 16h. Para que non vos perdades, se buscades en google maps “salnesparty” xa vos aparece a localización. Para os que usedes GPS, a dirección exacta é Calle de la Praia nº3, Cambados, cp.36630.
Para comer, será na Cafetería-Bocatería Acuario, e o horario é :
- Comida: de 14h a 16h
- Cea: de 21.30h a 23.30h
De todas formas, recibiredes máis información durante a party.
Acordádevos de traer:
- DNI e xustificante de pago
- Autorización paterna se sodes menores de 18 anos
- O pc! (revisade o manual para ir a unha lanparty de lanparty.es)
Se tedes calquera dúbida, contactade connosco (organizacion@salnesparty.es). Tamén podedes contactar connosco nos números 679068218 (Christian), 699541789 (Roberto), 669034682 (Óscar)
Un saúdo, vémonos mañán!
Observación astronómica en Salnesparty 2010
Boas novas, confírmanos Johnny Macinich, presidente de Cielobarbanza, que veñen para realizar unha observación astronómica durante Salnesparty 2010. Aínda non está confirmado se será Venres ou Sábado, pero en canto saibamos o día exacto comunicarémolo por aquí.
Haberá lúa chea, así que o número de astros que poderemos observar será bastante limitado; haberá que centrarse na Lúa, Saturno, algunhas estrelas dobles e algún cúmulo.
A este evento poderá asistir todo o mundo (non é necesario ser participante da party), pero pedimos seriedade e respeto, e moito coidado co material ;).
De todas maneiras, esta actividade poderá ser cancelada en último momento se as condicións meteorolóxicas non acompañan (esperemos que non sexa así)
Se queredes ver unha simulación de como será o ceo desa noite, probade o programa Stellarium; tamén podedes ver unha lista de todo o que se pode ver en xuño.
Animádevos a asistir e convidar ós vosos amigos e coñecidos, é toda unha experiencia e creo que é unha ocasión única :D.
Calquera pregunta, xa sabedes como contactar connosco.
Entrevístannos en Cambados (tk)

Entrevístanos Óscar para a web de Cambados(tk).
Na entrevista sobre Salnesparty 2010 falamos de varios temas e invitámosvos a lela.
Un saúdo!
Premios Salnesparty 2010
Hola a todos!
Xa queda menos dunha semana para a gran cita: Salnesparty 2010 comeza o venres da semana que ven ás 16 horas.
Para ir abrindo boca, acabamos de publicar na web os premios deste ano para os tres torneos, cortesía do Concello de Cambados, pero poñémolos tamén aquí para algún despistado que non entre na web ;)
Call Of Duty 2: Dous netbooks ASUS 1001HA

Trackmania e Guitar Hero: Unha webcam e un marco dixital para cada gañador
Ademáis, á entrada da party recibiredes unha camiseta, e, os 40 primeiros en entrar, recibiredes un pen-drive de 4GB cortesía de pcbox.
Podedes consultar as regras de cada torneo na web de salnesparty 2010.
Ante calquera dúbida, xa sabedes que podedes contactar connosco a través da rede social que prefirades nas que está presente Salnesparty ou por correo electrónico (organizacion@salnesparty.es)
Seguiremos informando :D
Pagos Salnesparty 2010
Os que estabades preinscritos tendes que ter no correo un mail noso indicando ónde e cómo tedes que facer o pago, pero poñémolo por aquí tamén :)
Para pagar e confirmar a praza, debedes facer o ingreso (10 ou 30 €, dependendo de si queredes a entrada sen comida ou con ela) na seguinte conta:
2080 0414 77 0040113678 (Caixanova),
poñendo como asunto do ingreso/transferencia, o voso NIF. Isto é moi importante porque será a forma de identificar os pagos e asignar as prazas. Comprobade que tedes o NIF especificado correctamente no voso perfil de usuario (http://salnesparty.es/user) para que non haxa erros. Así mesmo, gardade o comprobante do ingreso/transferencia por se fose necesario comprobar algún dato á entrada da party.
Tedes de prazo para realizar o pago ata o luns, 14 de Xuño. Tede en conta que as transferencias non son inmediatas, se non que poden tardar varios días en facerse efectivas.
Ante calquera dúbida (ou suxerencia), contactade connosco por correo (organizacion@salnesparty.es) ou a través de calquera dos perfís de redes sociais
De igual modo, se ainda non te apuntaches á lanparty de Cambados, non sabemos a qué estas esperando! Rexístrate e preinscríbite na web de Salnesparty 2010






