Cabezazo ó teclado
Concurso de cabezazo ó teclado
O obxectivo do concurso será conseguir, cun só cabezazo a un teclado, que aparezan na pantalla o maior número de caracteres que sexa posible, coas seguintes condicións:
- O ordenador para concursar será un posto pola organización da party. Terá aberto un arquivo de texto en Google Docs.
- O concursante só pode utilizar a súa cabeza para interactuar co teclado. Só pode dar un golpe: vertical ou horizontal só hacia un lado (é dicir, un golpe seco ou un golpe arrastrando pero só hacia un lado, non se pode arrastrar hacia á esquerda e logo hacia á dereita ou viceversa)
- Unha vez realizado o cabezazo, a organización usará o contador de caracteres de Google Docs para obter o número, que será a puntuación do concursante.
- O que consiga un maior número de caracteres, gaña. Se hay empate entre dous ou máis concursantes, estes procederán a desempatar dando outro cabezazo coas mesmas reglas. Isto repetirase as veces que sexa necesario ata que saia un gañador.
- A organización non se fará responsable dos danos que os concursantes se poidan ocasionar a sí mesmos durante o concurso.




