Salnesparty 2011 na prensa
Durante estes días saímos en:
- Diario de Arousa:
- La Voz de Galicia: Salnesparty quiere batir el récord de participación del pasado año
- Cambados.es: A organización do Salnesparty quere batir o récord de partipación (Salón Peña do 24 ó 26 de xuño)
E ti, ainda non te rexistraches en Salnesparty 2011? Ampliamos o prazo a ainda o podes facer ata o mércores 22 de Xuño (incluindo o pago), así que date presa e, rexístrate!
Xa te podes inscribir para Salnesparty 2011
Hola!
Informámosvos de que acabamos de abrir as inscripcións para Salnesparty 2011. Tan só tedes que visitar http://www.salnesparty.es/rexistro/ e cubrir o formulario cos teus datos persoais. Unha vez feito isto, enviarémosche as instruccións ó teu enderezo electrónica para formalizar o pago e confirmar a túa praza.
Non dubides en contactar connosco se che surxe algún problema durante o rexistro.
Agardámoste en Salnesparty 2011!
Moitas grazas
Saúdos
Ti podes organizar Salnesparty 2011
Boas a todos!
Estamos comezando cos preparativos de Salnesparty 2011, e precisamos de xente que se queira unir á asociación para colaborar na organización da lanparty deste ano.
Se estás interesado ou interesada en colaborar, escríbenos un email a organizacion@salnesparty.es coa seguinte información:
- Nome
- Localidade
- Idade
- En qué crees que nos poderías axudar (montaxe das instalacións, configuración de software, organización de torneos/concursos, etc.)
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Resultados da enquisa sobre Salnesparty 2010
¿Que tal vai o verán? Seguro que moi ben, ainda que agora chega setembro e con él os exames (esperamos que non teñades que ir a moitos :P)
Despois dun tempo máis que suficiente para cubrir a enquisa sobre Salnesparty 2010, procedemos a facer público os resultados:
Valoración da comida en Salnesparty 2010 (na Cafetería Acuario) (de 1 a 3):
Valoración da conexión de rede (LAN) (de 1 a 3):
Valoración da conexión a Internet (de 1 a 3):
Valoración do trato da organización (de 1 a 3):
Valoración dos torneos (de 1 a 3):
Valoración dos premios (de 1 a 3):
Valoración da web de Salnesparty 2010 (de 1 a 3):
Valoración de Salnesparty 2010 en conxunto (de 0 a 9):
Cousas que vos gustaron da party:
- O futbolín
- A observación astronómica
- Coitelo!!!!!!!!
- Party moi familiar donde todo o mundo se coñecía e moi acolledora
- Velocidade de baixada
- Comentarios polo micro
- O trato, a falta de presa por pechar, o espazo, a non saturación de ruído ou músicas por parte da organización.
- Ambiente, xente, organización, …
- O trato por parte da organización. Esta busca o trato persoal con cada participante, propiciando unha mais grata acollida
- Queremos mais chatroulette, pero de porno HD xa imos ben servidos gracias
- O ambiente que estivo de puta madre!!!!!
- Todo en general
- O espazo para durmires ou mais ben todo o sitio da party
- Estivo moi ben e os organizadores moi atentos
Cousas que NON vos gustaron da party:
- As mesas :P e o prezo das cousas no chiringuito
- Gustaríame que durara un día máis.
- Que durara tan pouco
- Que non houbese cervexas no bar
- Os únicos concursos que había eran de xogos. O proxector non se vía demasiado.
- Volumen, algunhas improvisacións, algún speaker (estando borracho jeje)
- O desprazamento para ducharse
- O p.. a… dos huevos (censurado :P)
- Os poucos concursos, premios
- Que non houbera torneos como o counter strike
- Quizáis con un supermercado ó lado como neste caso o GADIS, o prezo das cousas deberia ser máis ou menos asequible, non tan caro como se vendía… polo demáis bastante ben
- Nótase a falta dalgun xogo en plan friki, como lanzamento de cds, ou cabezazos o teclado, ainda que fose por mera diversión
- Seguide así
- Facian falta mais féminas para entretemento xeral.
- Unha boa cousa serían máis agasallos para os asistentes…jejeje e tamén máis torneos… xa que se puxeron wii, play 3.. e tal pois aproveitar que están alí
Parece que en xeral a party gustou, pero como se pode ver, aínda temos moito que mellorar e somos conscientes :). Esperamos poder aplicar todas as suxestións e críticas para a edición de 2011. Por suposto, podedes enviar suxestións e críticas ó noso correo (organizacion@salnesparty.es)
Seguiremos informando, desfrutade do que queda de verán ;).
Enquisa sobre Salnesparty 2010
Hola a todos!
Qué tal vos foi coa resaca post-party? Espero que ben :-)
Como imaxino que xa andaredes todos recuperados, qué vos parece cubrir unha pequena enquisa para que poidamos mellorar a party nas vindeiras edicións?
Para acceder podedes facer click na imaxe superior ou no seguinte enlace:
Informarémosvos dos resultados.
Un saúdo, e moitas grazas!
Hora de apertura Salnesparty 2010
Mañán é a gran cita: Salnesparty 2010!
Abrimos as portas ás 16h. Para que non vos perdades, se buscades en google maps “salnesparty” xa vos aparece a localización. Para os que usedes GPS, a dirección exacta é Calle de la Praia nº3, Cambados, cp.36630.
Para comer, será na Cafetería-Bocatería Acuario, e o horario é :
- Comida: de 14h a 16h
- Cea: de 21.30h a 23.30h
De todas formas, recibiredes máis información durante a party.
Acordádevos de traer:
- DNI e xustificante de pago
- Autorización paterna se sodes menores de 18 anos
- O pc! (revisade o manual para ir a unha lanparty de lanparty.es)
Se tedes calquera dúbida, contactade connosco (organizacion@salnesparty.es). Tamén podedes contactar connosco nos números 679068218 (Christian), 699541789 (Roberto), 669034682 (Óscar)
Un saúdo, vémonos mañán!
Observación astronómica en Salnesparty 2010
Boas novas, confírmanos Johnny Macinich, presidente de Cielobarbanza, que veñen para realizar unha observación astronómica durante Salnesparty 2010. Aínda non está confirmado se será Venres ou Sábado, pero en canto saibamos o día exacto comunicarémolo por aquí.
Haberá lúa chea, así que o número de astros que poderemos observar será bastante limitado; haberá que centrarse na Lúa, Saturno, algunhas estrelas dobles e algún cúmulo.
A este evento poderá asistir todo o mundo (non é necesario ser participante da party), pero pedimos seriedade e respeto, e moito coidado co material ;).
De todas maneiras, esta actividade poderá ser cancelada en último momento se as condicións meteorolóxicas non acompañan (esperemos que non sexa así)
Se queredes ver unha simulación de como será o ceo desa noite, probade o programa Stellarium; tamén podedes ver unha lista de todo o que se pode ver en xuño.
Animádevos a asistir e convidar ós vosos amigos e coñecidos, é toda unha experiencia e creo que é unha ocasión única :D.
Calquera pregunta, xa sabedes como contactar connosco.
Entrevístannos en Cambados (tk)

Entrevístanos Óscar para a web de Cambados(tk).
Na entrevista sobre Salnesparty 2010 falamos de varios temas e invitámosvos a lela.
Un saúdo!
Premios Salnesparty 2010
Hola a todos!
Xa queda menos dunha semana para a gran cita: Salnesparty 2010 comeza o venres da semana que ven ás 16 horas.
Para ir abrindo boca, acabamos de publicar na web os premios deste ano para os tres torneos, cortesía do Concello de Cambados, pero poñémolos tamén aquí para algún despistado que non entre na web ;)
Call Of Duty 2: Dous netbooks ASUS 1001HA

Trackmania e Guitar Hero: Unha webcam e un marco dixital para cada gañador
Ademáis, á entrada da party recibiredes unha camiseta, e, os 40 primeiros en entrar, recibiredes un pen-drive de 4GB cortesía de pcbox.
Podedes consultar as regras de cada torneo na web de salnesparty 2010.
Ante calquera dúbida, xa sabedes que podedes contactar connosco a través da rede social que prefirades nas que está presente Salnesparty ou por correo electrónico (organizacion@salnesparty.es)
Seguiremos informando :D
Pagos Salnesparty 2010
Os que estabades preinscritos tendes que ter no correo un mail noso indicando ónde e cómo tedes que facer o pago, pero poñémolo por aquí tamén :)
Para pagar e confirmar a praza, debedes facer o ingreso (10 ou 30 €, dependendo de si queredes a entrada sen comida ou con ela) na seguinte conta:
2080 0414 77 0040113678 (Caixanova),
poñendo como asunto do ingreso/transferencia, o voso NIF. Isto é moi importante porque será a forma de identificar os pagos e asignar as prazas. Comprobade que tedes o NIF especificado correctamente no voso perfil de usuario (http://salnesparty.es/user) para que non haxa erros. Así mesmo, gardade o comprobante do ingreso/transferencia por se fose necesario comprobar algún dato á entrada da party.
Tedes de prazo para realizar o pago ata o luns, 14 de Xuño. Tede en conta que as transferencias non son inmediatas, se non que poden tardar varios días en facerse efectivas.
Ante calquera dúbida (ou suxerencia), contactade connosco por correo (organizacion@salnesparty.es) ou a través de calquera dos perfís de redes sociais
De igual modo, se ainda non te apuntaches á lanparty de Cambados, non sabemos a qué estas esperando! Rexístrate e preinscríbite na web de Salnesparty 2010


















