Torneo Call of Duty 2

Call Of Duty 2
Modalidade
“Search and destroy”. O número de particpantes por equipo decidirase durante o transcurso da party, ata un máximo de 5on5.
Mods e versións para xogar
Usarase PAM 2.04 e fará falla a versión 1.3 do xogo
Regras xerais
- Os equipos xogarán en cada rolda de clasificación dous mapas, a vinte roldas cada mapa.
- Os mapas escolleranse de forma aleatoria, e indicaranse, xunto cos emparellamentos, durante a party.
- Ó comezo de cada mapa, os xogadores terán que poñerse dacordo para elixir os bandos, ou, se non hai acordo, xogarase unha rolda só a “culatazos” para elexir bando, e esa rolda non contará na puntuación.
- Está totalmente prohibido calquera tipo de trampas ou cheat, dando por entendido que calquera equipo que os use será eliminado directamente do torneo.
- A modalidade de xogo será por defecto “Search and destroy”, pero si os equipos chegan a un acordo para xogar en TDM, poderase facer; en caso de non haber acordo, xogarase baixo as normas establecidas.
- O tipo de torneo (tanto roldas como sistema de puntuación) será acordado unha vez se contabilice o número de participantes, para poder organizar unha competición máis xusta para todos.
- A organización deste torneo aclarará calquera dúbida ou regra que non quede clara; ademáis, poderá modificar estas bases sen aviso previo.
- Todo o material ou software necesario para o torneo, estará dispoñible na party.
- Para participar no evento, non é necesario o xogo orixinal.
Mapas que se xogarán no torneo
- Toujane
- Carentan
- Burgundy
- Downtown
- St. Mere Eglise (Dawnville)
- Breakout
- Farmhouse
Premios
Dous vales de 60 € para gastar en PcBox (Vilagarcía de Arousa)



